AVISO MOI IMPORTANTE PARA FAMILIAS E ALUMNADO





Estimados nenos, nenas e familias, aproveito este foro para varias cuestións:
1. Animarvos a que sigades traballando nestes momentos complicados e, o máis importante, que vos coidedes, teñades tino e vos manteñades sans. Agradecervos a vosa colaboración  como actrices e actores do corto, que tanto éxito tivo, de despedida da vosa titora Tere.
2. Informarvos de que a partir de hoxe sumádesvos para traballar no blog de 2º B:


e serán  as mestras Mayte Buíde e Natalia Pedre quen vos titoricen. Mayte nas áreas de Matemáticas, lengua e lingua, e Natalia impartirá sociais, naturais, educación física e plástica.  Poñeranse en contacto convosco nestes días e establecerán as canles de comunición precisas.
Polo momento non comezaremos cos contidos da 3ª avaliación, xa que estamos á espera de instruccións da Consellería de Educación. Informarémosvos en canto teñamos as indicacións.

3. Por último, pero non por iso menos importante, xa que nese caso sería o 1º, quería aproveitar para facer unha pequena homenaxe e dar a despedida, na medida do que a situación nos permite, á nosa compañeira e vosa mestra e amiga TERE. Mestra por vocación, polo que nunca deixará de selo, implicada, responsable, amigable, optimista, alegre, dialogante, detallista, eficaz, poeta, eficiente...
O COLE SEMPRE QUEDA ABERTO PARA TI. UN BICO SEMPRE ( e unha das túas apertas)...

Julio C. Labandeira Sánchez


Comentarios

  1. Gracias: Julio, compañeir@s, familias e alumn@s por tanto cariño que recibín de tod@s vós.
    Lévovos no meu corazón!
    Ata pronto!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

TAREFAS MÉRCORES 25